26/11/15

O recuncho do medo

Coincidindo coa celebración de Samaín preparamos na biblioteca unha actividade que realizamos ao longo deste mes de novembro. O noso obxectivo era que os nenos e nenas coñeceran os distintos espazos da biblioteca dunha forma lúdica e divertida.
Todo comezou coa colocación dun mural cunha longa tea negra. Titulámolo "O Recuncho do Medo". Alí preparamos unha pequena exposición. 
 Un día, convocamos, por grupos, aos nenos e nenas na biblioteca para comunicarlles que, despois da festa da noite de Samaín, os libros que estaban no "Recuncho do Medo" non estaban no seu sitio. Desapareceran.
Como poideron comprobar, no mural, só estaban as ilustracións dos libros perdidos e .... unha pequena estrofa que podería axudar na busca, se estaban dispostos a recuperalos.
En grupos e coas pistas na man, iniciaron a súa tarefa:

Atopar  onde se agocharan eses pillabáns!
As pistas rimadas axudáronlles moito
Pouco a pouco foron aparecendo ...

Os nenos e nenas colocáronnos, de novo no seu sitio, abertos pola páxina onde estaba a ilustración do mural.
Deste xeito percorreron os distintos espazos da biblioteca e eles mesmos montaron a exposición de medo.

1/11/15

Biblioteca escolar, base de exploración

Gústavos o mural que presidirá este ano a nosa biblioteca?
Para preparalo, neste mes de outubro, contamos con moita axuda  pero imos de necesitar de toda a vosa colaboración para rematalo.
 As Mochilas Viaxeiras 
 Iniciaron a súa viaxe por Abelendo.
 Saíron dende a biblioteca e chegaron ás casas onde as recibiron con entusiasmo.
 Agardamos curiosos a lectura dos Cadernos Viaxeiros
Este curso viaxarán por Abelendo nove mochilas.
"Biblioteca escolar, base de exploración" é o lema elexido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares.

Adiante!

Celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA sorprendendo a toda a comunidade educativa cun agasallo moi especial que hoxe queremos compartir dende aquí.
 A visualización da nosa biblioteca queremos que sexa unha invitación ao lugar máis especial do cole onde compartimos experiencia lectora e pensamos e traballamos xunto con outros en proxectos diversos.

26/6/15

Obradoiros Talento 3.0

  Como xa sabedes este ano no cole de Abelendo levamos adiante uns obradoiros moi interesantes. Dende a biblioteca queremos compartir con vós esta experiencia tan novedosa e enriquecedora. 
  Estes son os vídeos elaborados polo obradoiro de reporteiros, mostrando o punto de vista d@s propi@s nen@s.



Moitas grazas a Uxia, Evi e Luís por estes experimentos tan expectaculares.


Felicidades a Fátima e Leti desexamos que sigades moito tempo máis cos vosos traballos. 



Moi bo traballo Domi. Vese que os nenos o pasaron en grande.



  Loreto é toda unha artista.



  Movémonos con moito ritmo neste obradoiro, graciñas Iziar !


  Agora so queda coñecer a vosa opinión sobre todas estas experiencias:


21/5/15

Contacontos I.E.S. "A Paralaia"

Tivemos de novo na biblioteca aos nosos contacontos favoritos. 
Botábamosvos de menos! 

Benvidos, un ano máis, a Abelendo!
Gústáronnos todos os contos que nos trouxéchedes. 
 Foi un menú incrible. 

Para abrir boca, uns petiscos de "As tres fillas"

 Para  xantar, degustamos:
"Unha pantasma con asma"
 "O coelliño branco"
 "A casa dos gatos" 
E as sobremesas, deliciosas:

  "Dinosario Belisario" e ...  

"O gato lambón"

Agardámosvos o ano que vén.  Ata pronto!

1/5/15

Abril, lecturas mil

Neste abril, en Abelendo, degustamos variados e riquísimos "platillos" nos que o ingredente fundamental foi:  A lectura. 
Preparamos un mural na entrada do cole no que expresamos o que para cada un de nós significa Ler.
Celebramos o Día do Libro ó aire libre, todos xuntos.  
Comezamos escoitando aos nenos e nenas de sexto; lembraronnos que todos os nenos e nenas temos un gran tesouro que é:
 A imaxinación. 
Cantamos unha  canción de Paco Nogueira que comezaba así: 
Abre as mans, poderás ver un novo mundo aparecer
o momento de voar, só con comezar a ler.
Recibimos na nosa biblioteca a Hector Lorenzo.
Trouxonos algunhas poesías escritas por Raúl G. Pato e musicadas por el mesmo; un proxecto poético que pronto verá a luz.     
 
Aprendimos axiña un poema moi pequeniño que segundo nos confesou Hector, resultoulle moi doado compoñer a música;  saiu de súpeto.... 
Lembrádesvos do título?

22/4/15

Apadriñamentos lectores

Isto é un adianto. Só para compartir
Padriño ou afillado?
Marmurio do corredor

Lemos xuntos

28/3/15

Día 2 de abril, Día Inernacional del Libro Infantil

Moitas culturas,
unha historia
Falamos diferentes linguas e vimos de
diferentes orixes, mais compartimos as
mesmas historias"
Historias internacionais... historias
tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel...
Comezo...
Argumento...
E fin...
É a mesma historia que todos sabemos e
amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe... unha princesa... e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus
nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe... esa princesa e ese vilán
inmutábeis durante séculos
Acompañannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e
imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha
única historia
Escrito: Marwa Al Aqroubi
Traducido ao galego por Antía 
Marante e Sabela González

18/3/15

Alimentándonos de versos


Como dende Abelendo pensamos que a poesía é un alimento moi saboroso e moi recomendable.
Como nós comemos intelixentemente, neste mes de marzo, contamos con moita poesía no noso menú. 



Comenzamos lembrando a Rosalía e remataremos celebrando o Día da Poesía que como sabedes, é o 21 de marzo. 
Quixemos neste mes seguir lembrando a Rosalía e invitamos as mamás, os papás, as avoas... a que se achegaran á biblioteca para lernos poemas da nosa gran poetisa.
Grazas pola poesía compartida
Grazas pola poesía compartida
Contamos cuns presentadores fantásticos; os nenos e nenas de 3º curso que se desenvolveron con moita soltura e seriedade. Enhoraboa!
Foi unha grande actividade. Houbo momentos para a emotividade, para o entusiasmo, para o sorriso, para a profesionalidade...

E como broche final, moitas fotos diante do mural que este ano, para celebrar o Día de Rosalía, pintamos nunha parede do cole.


22/2/15

"Os chefs de Abelendo"

En Abelendo, o Entroido sempre é divertido e cheo de cor.
 Comezou coas Ordes de Dino. Esta vez foron en verso.
Como no noso proxecto, "Todos á mesa" e Bo proveito, traballamos os alimentos, disfrazámonos de cociñeiros e cociñeiras.
Que estarán preparando?
Que cociñeiros tan singulares! 
 
 Que cociñeiras tan creativas!
Este ano non subimos a San Martiño pola chuvia pero si poidemos saír á pista e dar unha volta ao redor do cole. 
Degustamos as lambetadas no ximnasio . Estaban riquíííííísimas!