O recuncho do medo

Coincidindo coa celebración de Samaín preparamos na biblioteca unha actividade que realizamos ao longo deste mes de novembro. O noso obxectivo era que os nenos e nenas coñeceran os distintos espazos da biblioteca dunha forma lúdica e divertida.
Todo comezou coa colocación dun mural cunha longa tea negra. Titulámolo "O Recuncho do Medo". Alí preparamos unha pequena exposición. 
 Un día, convocamos, por grupos, aos nenos e nenas na biblioteca para comunicarlles que, despois da festa da noite de Samaín, os libros que estaban no "Recuncho do Medo" non estaban no seu sitio. Desapareceran.
Como poideron comprobar, no mural, só estaban as ilustracións dos libros perdidos e .... unha pequena estrofa que podería axudar na busca, se estaban dispostos a recuperalos.
En grupos e coas pistas na man, iniciaron a súa tarefa:

Atopar  onde se agocharan eses pillabáns!
As pistas rimadas axudáronlles moito
Pouco a pouco foron aparecendo ...

Os nenos e nenas colocáronnos, de novo no seu sitio, abertos pola páxina onde estaba a ilustración do mural.
Deste xeito percorreron os distintos espazos da biblioteca e eles mesmos montaron a exposición de medo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO