Bloguelendo
30/01/12
29/01/12
Celebramos o Día da Paz
O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.Sabías que este día foi declarado por primeira vez en 1964 pola iniciativa do profesor LLorenç Vidal.
Este educador e pacifista mallorquí quería, dende a educación, fomentar a tolerancia, a paz, o diálogo e buscar o entendemento entre razas, relixións e culturas.
Sabías que neste día conmemórase tamén o falecemento do lider espiritual indio Mahatma Gandhi, asasinado por un fanático o 30 de xaneiro de 1948. Este lider pacifísta loitou pola liberdade e independencia da India. A súa loita foi a resistencia pacífica fronte o goberno colonial inglés.
En Abelendo celebraremos este día cunha actividade que titulamos "Parábolas en son de Paz". Son pequenas historias adaptadas e ilustradas polos nenos e nenas de cada un dos cursos do cole.
Participación e creatividade elevada ao cubo son as características desta serie de contos que expoñeremos no corredor da planta baixa e que unha vez editados , pasarán a formar parte das creacións propias da nosa Biblioteca Viva.
23/01/12
15/01/12
Mil cousas poden pasar (II)
O sarxento Rabindranata, que ten os ollos moi saltóns e un bigote moi largo e peludo que na súa cara da un aspecto moi divertido.
O can Romero. Foi a unha pocilga e engordou tanto que foi o primeiro en formar parte dun cocido de can.
O porco Isaias. O mellor estudante do colexio.Estudou sete carreiras e convertiuse nun porco listísimo.
Ulam-Bator, rei dos osos. Era o oso máis grande e forte de todos pero un día venceulle un coello chamado Mamfredo e convertiuse no rei dos osos.
(6º curso)
Os Megatoxos e a espada esperalda
Este libro de Anxo Fariña conta a historia de catro amigos chamados Lúa, Ruxe, Ninfa e Faísca que teñen poderes grazas a un toxo mutante.Viaxan ao pasado coa misión de atopalo e así poder curarse.
No camiño teñen algúns imprevistos como monstros de pedra que os perseguen, gárgolas voadoras e a espada Esmeralda.
No camiño teñen algúns imprevistos como monstros de pedra que os perseguen, gárgolas voadoras e a espada Esmeralda.
Nun mosteiro moi sospeitoso visitan unha biblioteca medieval.
Atopan outros viaxeiros do tempo cos que deben loitar.
Atopan outros viaxeiros do tempo cos que deben loitar.
(6º Curso)
26/12/11
Bo Nadal
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



