EXPERIMENTOS CON AUGA

Ao longo deste último e cortiño trimestre cada aula realizou diferentes experimentos con auga, para rematar así o noso proxecto deste ano "EnMarañados".

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Traballaron sobre a presión da auga con este experimento, onde probaron a poñer un vaso boca abaixo con auga tapado cun papel. Coa presión atmosférica e o peso da auga non cae nin unha gota!

Para traballar sobre a tensión superficial botaron auga e pementa moída nun prato. Despois un pouquiño de xabón no dedo e... a pementa fuxe! Isto ocorre porque as moléculas da auga rómpense polo xabón e a pementa non ten onde sosterse e móvese para os lados.



E, por último, tamén fixeron un experimento sobre a refracción. Tratáse de poñer unha moeda debaixo dun vaso con auga. A moeda pode verse se a observas dende encima do vaso, pero se observas de lado, a moeda desaparece porque a luz desvíase ao ter o obstáculo da auga e o cristal polo medio.

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL
En 6º de educación infantil tinguimos caraveis. Puxemos colorante nun vaso con auga e ao paso dos días as flores apareceron tinguidas de amarelo, vermello e azul. As flores absorben a auga mezclada co colorante grazas á capilaridade e transpiración.
 

Tamén traballamos os estados da auga. Conxelamos xeo con flores do patio e, ao día seguinte, puxemos un prato con sal, outro sen sal e outro á sombra. Cal se derritirá antes? O primeiro en derretirse foi o prato que tiña sal, porque a sal disolve a auga. Así traballamos os estados líquido e gaseoso.



1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado de 1º tamén estivo investigando sobre os estados da auga. Para a fusión conxelaron auga cunha canica dentro, puxéronnas ao sol ata que se desconxelou por completo e puideron coller as canicas!






Tamén probaron a poñer auga doce e salgada nuns tapóns para comprobar, días despois, que a auga vaporizárase, deixando areas de sal na salgada.

E por último, tamén traballaron a solidificación.


4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A clase de 4º de educación primaria mostraron os seus experimentos no Caranvexo TV.

EXPERIMENTOS CON AUGA 4º EP NO CARANVEXO 

5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

No marco da Misión Alba, o alumnado de 5º e 6º construiu unha lámpada Moser. Trátase dun instrumento creado cunha botella de plástico, auga e un pouco de lixivia que difumina a luz, axudando a iluminar unha habitación excura de forma tenue. Tras comparar a iluminación sen usar a lámpada e usándoa, experimentamos coas cores e as texturas tinguindo o líquido do seu interior.




Comentarios

Entradas populares de este blog

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

LETRAS GALEGAS