Alimentándonos de versos


Como dende Abelendo pensamos que a poesía é un alimento moi saboroso e moi recomendable.
Como nós comemos intelixentemente, neste mes de marzo, contamos con moita poesía no noso menú. 



Comenzamos lembrando a Rosalía e remataremos celebrando o Día da Poesía que como sabedes, é o 21 de marzo. 
Quixemos neste mes seguir lembrando a Rosalía e invitamos as mamás, os papás, as avoas... a que se achegaran á biblioteca para lernos poemas da nosa gran poetisa.
Grazas pola poesía compartida
Grazas pola poesía compartida
Contamos cuns presentadores fantásticos; os nenos e nenas de 3º curso que se desenvolveron con moita soltura e seriedade. Enhoraboa!
Foi unha grande actividade. Houbo momentos para a emotividade, para o entusiasmo, para o sorriso, para a profesionalidade...

E como broche final, moitas fotos diante do mural que este ano, para celebrar o Día de Rosalía, pintamos nunha parede do cole.


Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO