Día 2 de abril, Día Inernacional del Libro Infantil

Moitas culturas,
unha historia
Falamos diferentes linguas e vimos de
diferentes orixes, mais compartimos as
mesmas historias"
Historias internacionais... historias
tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel...
Comezo...
Argumento...
E fin...
É a mesma historia que todos sabemos e
amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe... unha princesa... e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus
nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe... esa princesa e ese vilán
inmutábeis durante séculos
Acompañannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e
imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha
única historia
Escrito: Marwa Al Aqroubi
Traducido ao galego por Antía 
Marante e Sabela González

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO