Abril, lecturas mil

Neste abril, en Abelendo, degustamos variados e riquísimos "platillos" nos que o ingredente fundamental foi:  A lectura. 
Preparamos un mural na entrada do cole no que expresamos o que para cada un de nós significa Ler.
Celebramos o Día do Libro ó aire libre, todos xuntos.  
Comezamos escoitando aos nenos e nenas de sexto; lembraronnos que todos os nenos e nenas temos un gran tesouro que é:
 A imaxinación. 
Cantamos unha  canción de Paco Nogueira que comezaba así: 
Abre as mans, poderás ver un novo mundo aparecer
o momento de voar, só con comezar a ler.
Recibimos na nosa biblioteca a Hector Lorenzo.
Trouxonos algunhas poesías escritas por Raúl G. Pato e musicadas por el mesmo; un proxecto poético que pronto verá a luz.     
 
Aprendimos axiña un poema moi pequeniño que segundo nos confesou Hector, resultoulle moi doado compoñer a música;  saiu de súpeto.... 
Lembrádesvos do título?

Comentarios

Entradas populares de este blog

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

EXPERIMENTOS CON AUGA

LETRAS GALEGAS