Celebramos o Día da Paz
O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Sabías que este día foi declarado por primeira vez en 1964 pola iniciativa do profesor LLorenç Vidal.
Este educador e pacifista mallorquí quería, dende a educación, fomentar a tolerancia, a paz, o diálogo e buscar o entendemento entre razas, relixións e culturas.
Sabías que neste día conmemórase tamén o falecemento do lider espiritual indio Mahatma Gandhi, asasinado por un fanático o 30 de xaneiro de 1948. Este lider pacifísta loitou pola liberdade e independencia da India. A súa loita foi a resistencia pacífica fronte o goberno colonial inglés.
En Abelendo celebraremos este día cunha actividade que titulamos "Parábolas en son de Paz". Son pequenas historias adaptadas e ilustradas polos nenos e nenas de cada un dos cursos do cole.
Participación e creatividade elevada ao cubo son as características desta serie de contos que expoñeremos no corredor da planta baixa e que unha vez editados , pasarán a formar parte das creacións propias da nosa Biblioteca Viva.
Comentarios