Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como día da paz

Contos de PAZ

Imagen
Ola amigos e amigas, Xa non queda nada para a celebración do día da PAZ ... e para axudarvos, xa podedes consultar no noso rincón especial de biblioteca os libros temáticos sobre a PAZ. Lembrade que durante esta semana, non os podemos levar para casa, son soamente para consulta na biblioteca ou para consultar na clase coa axuda dos vosos mestres. Esperamos que vos encanten!        

Xogos da PAZ

Imagen
Co motivo da celebración do día da PAZ... DINO propúxonos uns xogos moi divertidos. Xa podes vir xogar cos monumentos de paz, animaste?   Monumentos de Paz, podes adiviñar en que país están?

Palabras fermosas, divertidas,máxicas e marabillosas para un mundo de PAZ

Imagen
Para conmemorar o Día da Paz, Dino propuxo a todo o alumnado do cole a lectura do conto "La coleccionista de palabras" na que a protagonista Luna é unha apaixonada das palabras. Gústanlle a súa luz e ri coas súas cóxegas. Pero un día dáse conta que pouco a pouco as palabras fermosas, magníficas e divertidas están desaparecendo do mundo, entón decide poñerse mans a obra.  Con esta lectura, Dino invitounos a un poético conto sobre a maxia da palabra e sobre o poder que ten cando é positiva. Para facer posible esta actividade , Dino traballou arreo e preparou dúas maletas que contiñan cadanseu conto e moitos corazón de cores. Unha vez lido o conto e feitas as reflexións cada neno e nena decorou un corazón cunha palabra máxica, divertida, marabillosa e bonita, desas que son  imprescindibles para un mundo cheo de PAZ. Por último, adornados con todos os corazóns o armazon do maio.

Celebramos o Día da Paz

Imagen
O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Sabías que este día foi declarado por primeira vez en 1964 pola iniciativa do profesor LLorenç Vidal. Este educador e pacifista mallorquí quería, dende a educación, fomentar a tolerancia, a paz, o diálogo e buscar o entendemento entre razas, relixións e culturas. Sabías que neste día conmemórase tamén o falecemento do lider espiritual indio Mahatma Gandhi , asasinado por un fanático o 30 de xaneiro de 1948. Este lider pacifísta loitou pola liberdade e independencia da India. A súa loita foi a resistencia pacífica fronte o goberno colonial inglés. En Abelendo celebraremos este día cunha actividade que titulamos "Parábolas en son de Paz". Son pequenas historias adaptadas e ilustradas polos nenos e nenas de cada un dos cursos do cole. Participación e creatividade elevada ao cubo son as características desta serie de contos que expoñeremos no corredor da planta baixa e que unha vez editados , pasarán a formar pa...