Entradas

EXPERIMENTOS CON AUGA

Imagen
Ao longo deste último e cortiño trimestre cada aula realizou diferentes experimentos con auga , para rematar así o noso proxecto deste ano "EnMarañados". 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL Traballaron sobre a presión da auga con este experimento, onde probaron a poñer un vaso boca abaixo con auga tapado cun papel. Coa presión atmosférica e o peso da auga non cae nin unha gota! Para traballar sobre a tensión superficial botaron auga e pementa moída nun prato. Despois un pouquiño de xabón no dedo e... a pementa fuxe! Isto ocorre porque as moléculas da auga rómpense polo xabón e a pementa non ten onde sosterse e móvese para os lados. E, por último, tamén fixeron un experimento sobre a refracción . Tratáse de poñer unha moeda debaixo dun vaso con auga. A moeda pode verse se a observas dende encima do vaso, pero se observas de lado, a moeda desaparece porque a luz desvíase ao ter o obstáculo da auga e o cristal polo medio. 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL En 6º de educación infantil tinguimos car

LETRAS GALEGAS

Imagen
Para conmemorar o Día das Letras Galegas , a mestra Vito deleitounos un contacontos para o alumnado de educación infantil e 1º de primaria, da súa primeira obra publicada As formiguiñas filandeiras . Moitas grazas por compartir o teu conto connosco e formar parte deste día tan importante!

LIBROS QUE ABREN PORTAS E ILUMINAN CORAZÓNS

Imagen
Onte celebramos un dos días máis importantes das bibliotecas: o Día do Libro . Non quixemos deixar pasar a oportunidade de darlle a celebración que se merece e, por iso, dende o equipo de biblioteca, a través do programa Eduemociona, quixemos afondar en qué sentimentos despertan en vós eses libros importantes que gardades na memoria: a primeira lectura, un agasallo especial, unha lectura compartida, un libro lido por unha avoa...todos eses momentos que encerran a maxia da lectura. Agradecemos a vosa colaboración aportando títulos e frases importantes que pudemos traballar nas aulas e que hoxe forman a exposición que creamos no cole para que a poidades desfrutar en familia esta fin de semana se vos pasades a dar un paseo polos arredores do cole. Para que a desfrute toda aquela persoa que camiñe por aquí. Con cada título hay unha historia recollida, pero sen dúbida, con cada título haberá tantas historias como persoas a leron e, a través destas frases compartidas queriamos &

8M NA BIBLIO

Imagen
Dentro do Contrato Programa "IGUÁLA-T" fixemos uns obradoiros de corresponsabilidade durante a semana do 8M. Para poder adaptarnos ao Protocolo Covid estes obradoiros realizáronse na biblioteca e en días distintos debido aos grupos burbulla. Nestes obradoiros nenos e nenas encargáronse de realizar tarefas domésticas que normalmente son realizadas por mulleres, para poder entender e vivenciar que estas tarefas son tanto de mulleres como de homes, e que todos e todas debemos axudar na casa independientemente do xénero. Na zona de cociña fixeron unha tortilla francesa e lavaron a louza empregada.  Na zona de pranchado cadaquén trouxo a súa roupa, que prancharon e dobraron. Na zona de costura podían coser botóns, facer ganchillo ou calcetar.

ESCOLMA DE CANCIÓNS SOBRE O MAR

Xose, o mestre de música, recompilou esta escolma de cancións galegas sobre o mar. Moitas delas son cancións mariñeiras de tradición oral, moi importante na nosa cultura e no folclore popular galego. Só tendes que clickar nas imaxes e poderedes escoitar as cancións. Moitas grazas por ser partícipe deste proxecto!!

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

Imagen
Para continuar co noso proxecto dos mares e océanos, durante todo o segundo trimestre os nenos e nenas do colexio estiveron investigando sobre lendas, historias e seres mitolóxicos do mar. A CLASE DE 4 ANOS adentrouse no mundo da Atlántida grazas a obra de Xulio Verne: 20.000 leguas de viaxe submarino.   A CLASE DE 5 ANOS fixo un pequeno teatro de títeres sobre 20.000 leguas de viaxe submarino. Tamén xogaron a atopar, a través de pistas, o tesouro que deixou o Capitán Nemo en Rande.   A CLASE DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA fixo un impresionante traballo de investigación sobre os naufraxios na Ría de Vigo, facendo entrevistas aos seus avós e avoas. Tamén localizou no mapa da Ría de Vigo estes naufraxios. Merece a pena ver os vídeos!   Os nenos e nenas de 2º/3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA elaboraron uns contos dixitais sobre animais mariños inventados. Con audios incluidos para que poidades escoitalos coas súas propias voces! A QUENLLA COITELO   UNHA ESPONXA ANIMAIS MARIÑOS   A SEREA LADY E O

CÓMO CONSEGUIR QUE AS NENAS ESTUDIEN CIENCIAS?

Imagen
  Na sociedade na que vivimos foise conseguindo numerosos avances e dereitos para as mulleres. Sen embargo, seguése precisando que as nenas conten con referentes femininos na súa vida cotía, para favorecer o empoderamento e ataxar os estereotipos de xénero. Aínda seguen estando visibles moitos estereotipos asociados aos oficios, considerando que hai oficios de "homes" e oficios de "mulleres". Por iso hai un maior porcentaxe de mulleres que estudan as ramas de letras que as de ciencias. A nosa labor como educadores, tanto familias como profesorado, é a de visibilizar a mulleres científicas para que vexan que elas TAMÉN PODEN . Alba Alonso , mestra e doutora pola Universidade de Vigo, móstranos a través do seu blog  Real Kiddys cómo a figura feminina de Scully en " Expediente X " empoderou a multitude de mulleres para estudar carreiras científicas en anos posteriores. Por iso é importante que as nenas, dende xa ben pequenas, conten con figuras femininas que