LIBROS QUE ABREN PORTAS E ILUMINAN CORAZÓNS

Onte celebramos un dos días máis importantes das bibliotecas: o Día do Libro. Non quixemos deixar pasar a oportunidade de darlle a celebración que se merece e, por iso, dende o equipo de biblioteca, a través do programa Eduemociona, quixemos afondar en qué sentimentos despertan en vós eses libros importantes que gardades na memoria: a primeira lectura, un agasallo especial, unha lectura compartida, un libro lido por unha avoa...todos eses momentos que encerran a maxia da lectura. Agradecemos a vosa colaboración aportando títulos e frases importantes que pudemos traballar nas aulas e que hoxe forman a exposición que creamos no cole para que a poidades desfrutar en familia esta fin de semana se vos pasades a dar un paseo polos arredores do cole. Para que a desfrute toda aquela persoa que camiñe por aquí. Con cada título hay unha historia recollida, pero sen dúbida, con cada título haberá tantas historias como persoas a leron e, a través destas frases compartidas queriamos "abrir os libros" para todas e todos. Compartir un anaquiño dos libros e un anaquiño de nós con eles.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!


 





Comentarios

Entradas populares de este blog

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

EXPERIMENTOS CON AUGA

LETRAS GALEGAS