LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

Para continuar co noso proxecto dos mares e océanos, durante todo o segundo trimestre os nenos e nenas do colexio estiveron investigando sobre lendas, historias e seres mitolóxicos do mar.

A CLASE DE 4 ANOS adentrouse no mundo da Atlántida grazas a obra de Xulio Verne: 20.000 leguas de viaxe submarino.

 


A CLASE DE 5 ANOS fixo un pequeno teatro de títeres sobre 20.000 leguas de viaxe submarino. Tamén xogaron a atopar, a través de pistas, o tesouro que deixou o Capitán Nemo en Rande.


 

A CLASE DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA fixo un impresionante traballo de investigación sobre os naufraxios na Ría de Vigo, facendo entrevistas aos seus avós e avoas. Tamén localizou no mapa da Ría de Vigo estes naufraxios. Merece a pena ver os vídeos!

 




Os nenos e nenas de 2º/3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA elaboraron uns contos dixitais sobre animais mariños inventados. Con audios incluidos para que poidades escoitalos coas súas propias voces!

A QUENLLA COITELO 

UNHA ESPONXA

ANIMAIS MARIÑOS 

A SEREA LADY E O MEGALODOÓN QUE SE COMEU Á BALEA AZUL

O NENO QUE VIVE NO MAR 

A SEREA QUE ATOPOU UN TESOURO

A CLASE DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA investigou seres mitolóxicos mariños. Como na clase estaban a traballar a noticia, fixeron 5 noticias sobre a aparición destes seres misteriosos na Ría de Vigo. Esperamos que vos gusten!


 




A CLASE DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA explícannos no Caranvexo TV os seres mitolóxicos que estiveron investigando.

SERES MITOLÓXICOS 5ºEP

A CLASE DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA traballou os animais luminiscentes e os seres mitolóxicos mariños.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

8M NA BIBLIO