8M NA BIBLIO
Dentro do Contrato Programa "IGUÁLA-T" fixemos uns obradoiros de corresponsabilidade durante a semana do 8M.
Para poder adaptarnos ao Protocolo Covid estes obradoiros realizáronse na biblioteca e en días distintos debido aos grupos burbulla.
Nestes obradoiros nenos e nenas encargáronse de realizar tarefas domésticas que normalmente son realizadas por mulleres, para poder entender e vivenciar que estas tarefas son tanto de mulleres como de homes, e que todos e todas debemos axudar na casa independientemente do xénero.
Na zona de cociña fixeron unha tortilla francesa e lavaron a louza empregada.
Na zona de pranchado cadaquén trouxo a súa roupa, que prancharon e dobraron.
Na zona de costura podían coser botóns, facer ganchillo ou calcetar.
Comentarios