CLAUSURA DA BIBLIOTECA

Ola rapazas e rapaces de ABELENDO!!
Debido á situación sanitaria que estamos a vivir que non nos permite despedirnos persoalmente, DINO e O EQUIPO DE BIBLIOTECA quere DAR as GRAZAS ós NOSOS ENCARGADOS de 6º de Primaria, por axudarnos en todos os labores da Biblioteca!! 
GRAZAS por:
  • Formarse nos coñecementos básicos da organización da biblioteca. 
  • Prestar a súa axuda durante a hora do recreo.
  • Axudar a asegurar que durante a hora do recreo mantéñense as normas de utilización da biblioteca.
  • Atender, ensinar, e recomendar libros e xogos ós alumnos cando estes necesitábano.
  • Manter ordenados os libros e axudar na súa clasificación. 
  • Colaborar, se se lles solicitaba na decoración da biblioteca…. 
 GRAZAS POLO VOSO TRABALLO E RESPONSABILIDADE!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO