Proposta para o día das LETRAS GALEGAS

Bos días nenos e nenas do CEIP DE ABELENDO

Para festexar o Día das Letras Galegas que este ano se adica a Ricardo Carvalho Calero vos propoñemos dúas actividades:

Primeira actividade:

Busca e escolle un trabalinguas ou unha adiviña en galego que che guste.
Escríbea nun folio adornando o teu traballo con bonitas cores ou debuxos.
Sácate unha foto cunha camiseta do correlingua que teñas por casa e envíanos o resultado ao correo electrónico da biblioteca

bibliotecaabelendo@gmail.com

Se tes 6 anos ou menos, podes facer a mesma actividade pero escollendo unha palabra en galego que che guste.

Segunda actividade:

Para aprender un pouco sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero, vos propoñemos un 
'Escape Room'

Este 'Escape Room' foi elaborado por dúas mestras: Ana Sánchez e Amélie Carrila que quixeron compartir o seu espectacular traballo con todos os nenos e nenas de Galicia.
Esperamos que vos guste...


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

8M NA BIBLIO

CÓMO CONSEGUIR QUE AS NENAS ESTUDIEN CIENCIAS?