DÍA DO LIBRO
Ola nenas e nenos!! Xa de volta neste 3º Trimestre
Como sabedes achégase o DÍA MUNDIAL DO LIBRO: o 23 DE ABRIL e desde a Consellería de Educación edítase o díptico para conmemorar este día.Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da Literatura Galega Actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, MANUEL GAGO, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:
"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"
Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!
A imaxe do díptico é tamén unha colaboración do profesor Harold Iglesias, a quen agradecemos esta fotografía dun "chasco" da Costa Vicentina (Portugal), paxariño común tamén no noso país. Pódese coñecer algo máis deste "chasco común" na ligazón https://gl.wikipedia.org/wiki/Chasco_común e mesmo escoitar o seu canto: https://www.canto-pajaros.es/tarabilla-europea/
Este ano a nosa proposta para celebrar o DÍA DO LIBRO é a seguinte:
“ SEXAMOS ACTRICES E ACTORES”
Teredes que escoller unha escena dun conto, libro ou cómic que vos apeteza e CONVERTERVOS en Actrices e Actores para representala coma se dun SOÑO se tratáse, e parecer así os Verdadeiros Protagonistas. Vos deixo algunhas ideas para que vexades coma se converteron algúns nenos e nenas.
Mirade!!
Para ver o RESULTADO da vosa CREATIVIDADE, poderedes mandarnos unha foto ou un pequeno vídeo coa referencia da escena e a portada do cómic, conto ou libro que escollestes ao correo da biblio: bibliotecaabelendo@gmail.com
Animádevos a ser ACTORES E ACTRICES dos VOSOS LIBROS
para celebrar O DÍA DO LIBRO!!!!
Comentarios