PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARAS OS DÍAS QUÉDATE NA CASA
Ola nenos e nenas!! Andades por aí? Que tal estades?
Direivos que o cole está moi baleiro e triste. A nosa Biblioteca xa non é igual sen as vosas visitas como zona de encontro, e participación para ler, crear, xogar, descubrir e investigar nas distintas actividades que propoñemos.
Eu especialmente bótovos moito de menos.
Como TODOS sabedes e ante esta situación tan complicada que estamos a vivir estes días, TODOS DEBEMOS QUEDAR NA CASA! Custaranos un pouco pero hai que facelo, e non desanimarse.
Pero ARRIBA ESE ÁNIMO!!. Entre todos temos que conseguir que aínda que esteamos lonxe uns dos outros, sigamos estando en contacto, e podamos manter TODOS XUNTOS, a nosa BIBLIOTECA VIVA, aínda que sexa de maneira Virtual.
Por certo, vistes que fermosos son os carteis que fixeron os profes con esa recomendación?

Pois Eu, neste tempo de estar só, tamén fixen o meu cartel: Mirádeo!!

Para facer que este TEMPO sexa máis LEVADEIRO, DIVERTIDO, COMPARTIDO E SOLIDARIO, propoñémosvos unha quenda de actividades, para que coa vosa colaboración, imaxinación e creatividade nos fagan voar, e poder compartilas con todas e todos.
1ª PROPOSTA PARA EMPEZAR!!!.
- Que vos parece se enviades un audio ou video cun SAÚDO de ÁNIMO a TODOS os COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. Invítovos a que participen tamén as vosas familias e profes!!!
Cando o teñades listo podedes contactar comigo, a través do correo da Biblioteca:
bibliotecaabelendo@gmail.com e nós, faremos unha pequena montaxe para subila a web e compartila con todos vós.
Así que mans a obra amiguiños!!!
Comentarios