Inauguración da biblioteca

Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DE BIBLIOTECAS decidimos abrir as portas da nosa nova biblioteca.

Os axudantes de Dino foron os encargados de explicarlles aos diferentes grupos de alumnos todos os cambios e novidades da nosa biblioteca durante este curso escolar. Ademais, tamén repartiron as mochilas viaxeiras.

Ademais, para a inaguración da biblioteca na etapa de infantil e primeiro ciclo de primaria contamos cunha actuación moi especial.

Patricia Merchán, a autora do libro Aprende con Chu Cu Chú, quixo compartir o seu libro con todos nós e agasallarnos cun gran contacontos, xa que forma parte do noso claustro.






Grazas Patry por este fermoso contacontos.
Que ben o pasamos!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO