SEMANA E UN DIA DO CINE (2ª PARTE)

E hoxe lúns 6 de Maio, tocoulles os alumnos de 2º e 3º ciclo de primaria. Para empezar, os alumnos de 3º e 4º presentaronnos unha curtametraxe feita por eles. Grandes actuacións de grandes actores e actrices que fixeronnos pasarlo xenial. Para rematar os protagonistas fixeron e respostaron preguntas creando así un ambente tipo "cine-forum". Moi interesante velos falar sobre cine.
     
     

Despóis tocoulles os alumnos de 5º e 6º que empezaron a presentar (os de 6º) unha curtametraxe feita coa ferramenta "Stop-motion". Con mil y pico fotos e moita imaxinación, fixeron un grande traballo. Para rematar, contestaron ás múltiples preguntas que os alí presentes lle fixeron, tan interesados no seu proceso de creación. Os alumnos de 5º amosáronnos unhas verdadeiras obras de arte en formato maquetas inspiradas en famosas películas coñecidas por eles (King Kong, Titanic, Mary Poppins...etc) que formarán parte da decoración da biblioteca. Noraboa a todos/as!!
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

EXPERIMENTOS CON AUGA

LETRAS GALEGAS