HISTORIAS DE ABELENDO

Fai uns meses desde o Equipo de Biblioteca naceu a proposta de publicar unha serie de relatos curtos escritos por nosos alumnos/as xunto cos mestres/as. A nosa idea non era outra que intentar promover un proxecto común onde todos poideramos densenvolver a nosa competencia escrita. O resultado  deste proxecto experimental é HISTORIAS DE ABELENDO no que compilamos todos os relatos recibidos.
Un libro cheo de historias divertidas e emocionantes que vos encantará. Achegamos aquí a versión dixital pero xa temos un exemplar en versión papel na biblioteca do centro para todos aqueles que queran disfrutar da súa lectura.
Desde o Equipo de Biblioteca manifestamos a nosa satisfacción polo éxito da proposta ó tempo que agradecemos e felicitamos a todos os participantes deste proxecto tan motivador e educativo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO