GALA CLAUSURA BIBLIOTECA E DESPEDIDA TAYLOR

Onte tivo lugar a Gala de clausura da biblioteca. Para comezar comezamos  coa presentación oficial do libro de relatos edittado polo Equipo de  biblioteca "Historias de Abelendo".  Entregamos un exemplar a cada un dos autores como recompensa ó esforzo e traballo que supón o labor do escritor/a. A continuación fíxemos entrega duns regaliños ós voluntarios/as da biblioteca premiando así o seu labor e compromiso. Asimesmo tamén quixemos premiar ó alumno que máis libros levou como préstamo.
Para rematar  o evento os nosos alumnos/as de 5º de primaria fixeron un pequeno discurso en galego e inglés, adicado a nosa Auxiliar de conversa, Taylor, a modo de despedida dándolle a continuación uns detalliños para agradecerlle todo que aprendimos con ela e o ben que o pasamos. Moitas grazas Taylor!!. We're going to miss you!!!.
Unha gala moi emotiva na que quixemos enfatizar a importancia de manter a nosa Biblioteca Viva coa participación de toda a Comunidade educativa do Ceip de Abelendo.










Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO