APADRIÑAMENTOS LECTORES (2ª PARTE)

Hoxe 8 de Abril os padriños e afillados tiveron unha primeira toma de contacto. Algúns deles non se coñecían moi ben polo que comezaron xogando, falando e comentando dos seus gustos lectores. Despóis xa entrados en materia,  foron a buscar os libros que máis lles gustaban. Un gusto ver a biblioteca chea de nenos e de nnas elexindo os seus libros e os afillados seguindo os consellos dos seus padriños máis expertos na lectura.. Agora xa están listos para o gran día que será o proximo 23 de Abril cando o colexio encherase de Padriños e afillados lendo as súas historias favoritas.



















Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO