DIA DA MULLER NA CIENCIA

Este ano o Equipo de Biblioteca quixemos traballar conxuntamente dúas festividades moi importantes. Por unha banda, o Día da Muller e a Ciencia (11 de Febreiro) e por outra, o Día da Muller Traballadora (8 de Marzo). Con tal motivo, hoxe tivemos a visita de dúas mulleres moi interesantes adicadas á ciencia e traballadoras do Instituto Oceanográfico de Vigo. Dona Araceli Escudero (Doutora en Bioloxía Mariña) e Dna Isabel Ramilo (Axudante Técnico de Laboratorio).
Para comezar, os nosos/as alumnos/as Sara, Samuel (3º primaria) e Andrea e Raul (5º e 6º de Primaria) fixeron unha presentación do evento e das súas protagonistas. A continuación, unha interesante charla sobre fitoplancton, mareas vermellas e toxinas onde os nenos/as poideron facer preguntas dun tema tan cercano a eles e as súas familias.  A continuación todos os alí presentes tivemos a oportunidade de reflexionar sobre o papel da muller na sociedade en xeral e na ciencia en particular.
Para rematar, o noso director fixo entrega ás invitadas dun agasallo moi especial facendo especial fincapé na importancia da igualdade entre homes e mulleres.
 






Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO