ACTIVIDADES PARA O DIA DA NON VIOLENCIA E A PAZ


 O PASEO DA FAMA CARA A PAZ 

No paseo da fama de Hollywood réndese homenaxe ás celebridades do cine como recoñecemento ás súas habilidades. Se ben é certo que todos e todas temos as nosas habilidades especiais e, achegándonos o “Dia escolar da non violencia e da PAZ”,  é importante que o alumnado recoñeza que todos podemos aportar o noso gran de aréa  para conseguir un camiño cara a PAZ.

Como actividade para esta o festividade do próximo 30 de Xaneiro, propoñemos o seguinte: Cada tutor/a na súa aular traballará cos seus alumnos/as qué é a paz e como cada un de nos pode cotribuir a formar ese camiño da Paz xa que todo iso repercutirá no noso entorno máis cercano (o cole, o patio, a nosa casa). Deste xeito, conseguiremos que todos sexamos GRANDES ESTRELAS DO PASEO DA PAZ.

Unha vez feita esta reflexión de cómo podo contribuir e aportar o meu gran de area, cada alumno/a, plasmará O SEU NOME na estrela e AS SÚAS MÁNS a ambos lados e describirá nunha frase ese GRAN DE AREA para formar O PASEO DAS ESTRELAS CARA A PAZ que percorrerá nos corredores do centro


Para rematar a actividade, cantaremos todos xuntos no patio a canción "Quérote máis que a tortilla de Patacas con Xamón" (O Sonoro Maxín).


Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO