Aos nosos alumnos e alumnas gústalles moito a biblioteca onde len libros e revistas, buscan información, fan as súas tarefas escolares e ven Dvds, E todo iso dínolo cantando en inglés!😍😍😍
Ao longo deste último e cortiño trimestre cada aula realizou diferentes experimentos con auga , para rematar así o noso proxecto deste ano "EnMarañados". 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL Traballaron sobre a presión da auga con este experimento, onde probaron a poñer un vaso boca abaixo con auga tapado cun papel. Coa presión atmosférica e o peso da auga non cae nin unha gota! Para traballar sobre a tensión superficial botaron auga e pementa moída nun prato. Despois un pouquiño de xabón no dedo e... a pementa fuxe! Isto ocorre porque as moléculas da auga rómpense polo xabón e a pementa non ten onde sosterse e móvese para os lados. E, por último, tamén fixeron un experimento sobre a refracción . Tratáse de poñer unha moeda debaixo dun vaso con auga. A moeda pode verse se a observas dende encima do vaso, pero se observas de lado, a moeda desaparece porque a luz desvíase ao ter o obstáculo da auga e o cristal polo medio. 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL En 6º de educación infantil tinguimos car...
Este libro de Anxo Fariña conta a historia de catro amigos chamados Lúa, Ruxe, Ninfa e Faísca que teñen poderes grazas a un toxo mutante. Viaxan ao pasado coa misión de atopalo e así poder curarse. No camiño teñen algúns imprevistos como monstros de pedra que os perseguen, gárgolas voadoras e a espada Esmeralda. Nun mosteiro moi sospeitoso visitan unha biblioteca medieval. Atopan outros viaxeiros do tempo cos que deben loitar. (6º Curso)
Para conmemorar o Día das Letras Galegas , a mestra Vito deleitounos un contacontos para o alumnado de educación infantil e 1º de primaria, da súa primeira obra publicada As formiguiñas filandeiras . Moitas grazas por compartir o teu conto connosco e formar parte deste día tan importante!
Comentarios