BENVIDOS TODOS E TODAS!!

Qué pronto pasa todo. Parece  que foi onte cando  decíamosvos aquilo de "Bo verán" e xa estamos de volta. Cargados de novas ilusións e ganas de traballar pero sobre todo de pasalo moi ben.
Este ano estreamos novo Equipo de Biblioteca e como coordinadora e en representación de todos eles, dígovos que a vosa biblioteca e o voso amigo Dino xa vos están esperando para facer un montón de divertidas actividades coas que xuntos aprenderemos moitas cousas. A nosa intención é levaros da man para transmitiros a importancia dos libros, da lectura, da escritura e de manter a nosa biblioteca viva. De todo isto e de moitas cousas máis, irémosvos informando aquí, no voso blog de referencia. Ata prontísimo!


Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

8M NA BIBLIO

CÓMO CONSEGUIR QUE AS NENAS ESTUDIEN CIENCIAS?