23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Hoxe celébrase o Día Mundial do Libro, unha data que pretende render unha homenaxe universal aos libros e autores, animando a toda a sociedade a descubrir o pracer pola lectura e a valorar as insubstituíbles contribucións ao progreso social e cultural da humanidade.
Dende a Biblioteca Viva quixemos render a nosa pequena homenaxe aos libros e contos, para iso,os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria foron padriños e madriñas lectoras dos compañeiros de cursos inferiores. Ademais de compartir lecturas fixeron debuxos e resumos dos contos que leron pasando un rato moi agradable e nun contorno inmellorable.


 
Nenos e nenas lendo por diferentes espazos do patio

 


 

 


Despois de ler tocou crear,...


 



Para rematar bailamos e cantamos a canción IMAXÍNATE de Migallas e "NUN LIBRO" de Paco Nogueiras.


Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

LETRAS GALEGAS