PREPARÁNDO A NOVOS BIBLIOTECARIOS/AS

Hai uns días tivemos unha charla- formativa co alumnado de 4º e 5º que vai ser encargado da biblioteca durante os recreos.Tivemos a sorte de contar coa colaboración da profe Elisa que  nos explicou como está distribuída a BIBLIOTECA VIVA, (espazo para prelectores, primeiros lectores e lectores autónomos). Tamén explicou as partes dun libro e o significado dos gomets e números que aparecen no lombo de cada libro. Por último nos contou como se fai o empréstito e devolución dos libro no programa MEIGA.
Pouco a pouco iremos colléndolle o xeito!

Comentarios

Entradas populares de este blog

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

EXPERIMENTOS CON AUGA

LETRAS GALEGAS