BENVIDOS AO NOVO CURSO 2017- 2018

Ola rapaces e rapazas benvidos ao novo curso escolar 2017-2018!!! Espero que veñades cheos de ENERXÍA, de GANAS DE TRABALLAR, de SENTIR, de vivir un novo curso cargados de ILUSIÓN e ENTUSIASMO, para de novo compartir moitas EXPERIENCIAS, APRENDIZAXES, e vivencias todos xuntos.
 

Espero que pasárades unhas boas vacacións!!! Eu tamén disfrutei dabondo, visitando moitos lugares da terra,... Pero sabedes que? Mentres estabamos de vacacións unha profe deste colexio preparou algo moi especial para o meu lugar favorito: a nosa BIBLIOTECA

Aquí vos deixo unha pista en forma de adiviña:

 Teño follas sin ser árbore,
  fálote sin ter voz,
se me abres non me queixo,
adiviña quen son eu.


Pois si, acertastes: FÍXONOS UN CONTO!!!:


Pero,... vos fixastes!!! Está escrito en inglés, por iso é moi fácil de adiviñar quen o escribiu: a profe BELÉN. Por iso dende todo o cole e en especial desde A BIBLIOTECA querémoslle darlle MOITAS GRAZAS!!!
Deste xeito grazas a ela, este ano a nosa biblioteca nada máis comezar o curso xa está VIVA. Ademais as súas personaxes gústanme moito pois nos veñen moi ben para traballar o noso proxecto,... Cal será?
Tamén quero felicitarvos pola vosa actividade do primeiro día do cole pois fixestes uns murais, entre todos, chulísimos que adornarán o noso cole.
Ahh!!! espero que vos gustara a pegatina que vos regalei de benvida ao cole.



Por certo estiven lendo as palabras que saíron e todas estaban relacionadas coas miñas vacacións!!! Cantas palabras bonitas sobre a NATUREZA.
A partir destas lecturas, e grandes debuxos e as vosas ideas: NATUREZA, MEDIO AMBIENTE  déstesme unha gran idea para o proxecto deste ano. Que vos parece si traballásemos o medio ambiente pero desde o ámbito de admiralo, protexelo, coidalo, para así comezar poñendo o noso pequeno e grande gran, e comezar a crear un mundo mellor, que debe ser un proxecto común de todos. 
Agardo con impaciencia o noso reencontro neste lugar tan especial, no que cada curso iniciamos unha nova andadura ou aventura, que nos permite gozar e aprender moito.

Por iso desde a biblioteca propoñemos que este curso e  os vindeiros o noso lema sexa : 
UN MUNDO NOVO, PROXECTO COMÚN DE TODOS.


Comentarios

Entradas populares de este blog

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

EXPERIMENTOS CON AUGA

LETRAS GALEGAS