Letras Galegas 2016
Organizadas dende
Dinamización lingüística, este ano estamos a facer moitas actividades no mes das Letras Galegas.
Participamos na
actividade “Vestir Moaña de poemas de Manuel María”. Fomos todo o cole a San
Martiño e nas árbores do adro colgamos as súas poesías ilustradas polos nenos e nenas.
Construímos entre todos
un muro coas palabras máis fermosas da nosa lingua, elixidas por todos nós.
Corremos no Cross das
Letras Galegas nun día soleado no que participou toda a comunidade educativa.
Asistiremos a unha
charla na BE sobre Manuel María.
Estará con nós Manuel Méndez, un profe moi querido, co que sempre aprendemos moito.
Estará con nós Manuel Méndez, un profe moi querido, co que sempre aprendemos moito.
Participaremos nunha
exposición con códigos QR, titulada ” 54 primaveras máis”, dos últimos nove
homenaxeados no Día das Letras Galegas.
Estaremos o día 30 en
Cangas de Morrazo no Correlingua 2016.
Temos xa listas as camisetas para a marcha pola lingua.
Temos xa listas as camisetas para a marcha pola lingua.
Comentarios