Festa dos libros

Celebramos o Día do Libro, o pasado venres na biliboteca.
Foi un día moi especial. Xuntos, falamos do moito que nos gustan os libros, dos nosos libros favoritos, da importancia da lectura, dos bos contos. como os que nos contaron os nenos e nenas de quinto. Era a mensaxe de Luciana Sandroni no Día Internacional do libro infantil e Xuvenil. 
Comezaba así: Era unha vez unha ... princesa? Non. Era unha vez unha biblioteca. E era tamén unha vez Luisa, que foi á biblioteca por primeira vez. 
Os nenos e nenas de tres anos faláronnos de Rapuncel, do Libro da selva, dos bleis de auto maxín, do lobo que comeu papas e arroz.
Aos nenos e nenas de catro anos gústanlles os libros que teñen moitos debuxos e ás veces teñen cousas que se moven e saen para fóra.
Á clase de cinco anos gústanlles moito os contos de animais, os contos de fadas, os de bruxas e tamén os de barcos.
A cebra Camila e "La pequeña oruga glotona" son uns dos libros favoritos dos nenos de primeiro curso.
Os libros que nos ensinan cousas, os que falan dos sentimentos das persoas, os libros que son bonitos e tristes ao mesmo tempo, gústanlles aos nenos e nenas de segundo curso.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO