Abril, mes dos libros

Querido Dino: 
   
O día seis de abril, no cole de Abelendo, os nenos e nenas de 5º e 6º fomos  visitar aos nosos afillados e afilladas lectores. Agasallámolos cun debuxo ou unha manualidade feita por nós

É unha actividade programada dende a biblioteca para celebrar o Día Internaciónal do Libro Infantil. Cada padriño ten un ou dous afillados aos que, días despois, lles leremos un conto. 
   Como xa os coñecemos e sabemos os seus gustos lectores, é máis doado acertar co libro seleccionado para a lectura.
  A min tocoume Darío, de catro anos. Dibuxeille a Rayo McQueen" e a "Chese", da patrulla canina. Tiña vantaxe porque o seu irmán vai na miña clase e díxome o que lle gustaba. O debuxo encantoulle e el fíxome a min un "Rayo McQueen" bonito e abstracto. 
    Despois, xogamos as construccións no recanto dos xogos.
Paseino xenial pero quedoume pena porque Darío será o  último afillado que vou ter; no instituno non hai estas cousas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO