Un planeta no mochila

Gustavos o mural que preside a biblioteca este curso?
Como din os nenos e nenas, este mural nos ensina a fantástica viaxe do alumnado de Abelendo polo mundo.
Se vos fixades observaredes:
Un tren dirixido por Dino, a mascota da nosa biblioteca, que en palabras dos nenos e nenas representa a nosa viaxe polo mundo.
Un mapa que ocupa unha boa parte do conxunto. Fixémolo
 entre os profes e os alumnos; os profes debuxaron a silueta  e os alumnos déronlle a cor.
Un colaxe na parte dereita do mural, feito polos nenos e nenas de cinco anos. Está composto por uns debuxos de Londrés realizados por eles mesmos. 
Na parte esquerda unha reseña coas principais obras dos nosos escritores favoritos.
E por suposto, Dino, preparado para ir connosco na nosa aventura.

Foi aló por outubro, o Día das bibliotecas escolares, cando iniciamos a nosa andaina e comezámolo en moi boa compañía. No mural deixámosvos unha pista. 
Sabedes a quen levababamos na nosa mochila?
Sodes quen de adiviñalo?
Tamén, colocamos no mural as fotografías que os nenos de 3º enviáronos  do seu percorrido polos países onde se atopan as sete maravillas do mundo.
Que lugares tan exóticos e misteriosos! 
Están cheos de historia!

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO