Somos artistas! Somos artesáns!

Neste decembro estivemos moi atarefados preparando o cole para a chegada do Nadal. Axudados polas nosas familias todos e todas colaboramos con moita ilusión e entusiasmo.
 A entrada quedou chulísima!
Alí estaban as postais que realizamos para a actividade "Nadal en Familia", o Nacemento (este curso nenos e nenas de diferentes países achegáronse ó Portal levando as súas comidas típicas), e o mural realizado con CDs, que quedou fantástico.



Grazas aos máis pequenos do cole, tivemos a sorte de visitar, nos corredores da primeira planta, unha exposición que nos achegou a arte abstracta. Levaba o título:” Cos ollos de Pollock”. 
E como remate, nesta última semana, durante toda unha xornada, participamos nuns Obradoiros de Nadal que nos permitiron comprobar que o cole é unha grande familia.

Houbo obradoiros de cociña, de cine, de manualidades e un obradoiro moi especial na biblioteca. 
 A biblioteca foi un lugar de encontro para compartir lecturas, creacións plásticas, vivencias...

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

8M NA BIBLIO

CÓMO CONSEGUIR QUE AS NENAS ESTUDIEN CIENCIAS?