Viaxando en outubro

Na bibliteca, en outubro, sucédense as actividades, sucédense as aprendizaxes...
Compartindo experiencias.


Este ano, no acto de saída das primeiras Mochilas Viaxeiras , os nenos e nenas de 3º ciclo quixeron compartir  toda a súa experiencia cos nenos do 1º ciclo. 
Este ano, os nenos e nenas foron os dinamizadores desta xuntanza na biblioteca.



Contáronlles aos máis novos que:
  • Nas mochilas hai libros de princesas, monstros, bruxas, cabaleiros; hai libros de fantasía, aventuras, comic, risas... 
  • Podemos levalas a casa e ler os libros todos xuntos; os pais , os irmáns... 
  • No "Diario das Mochilas"  escribimos e debuxamos sobre os libros, comentamos o que nos gustou ou o que non, dibuxamos a súa portada...
  • Tamén podemos contar como foi  o paso da mochila pola casa, facer suxestións, etc. 
  • Cando chegan de novo á clase, comentamos a experiencia a todos os compañeiros.
  • Hai un tempo para ter a mochila na casa e sempre nos parece curto.


Froita, verdura e máis lectura é o lema que as Mochilas Viaxeiras levan na súa equipaxe dende o comezo da súa andaina.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO