Outubro na biblioteca

Na biblioteca en outubro sucédense as actividades, sucédense as aprendizaxes...
Os nenos e nenas de 1º Curso na biblioteca.
Na súa primeira visita chegaron cos seus marcaespazos de cor vermella. Xa son Primeiros Lectores! 

Utilizáronnos moi ben porque xa o aprenderan cando eran prelectores.
Dino axudoulles a lembrar as normas da biblioteca.
Pertencen ao clube de amigos e amigas dos libros.

Gústalles ler no seu recanto.

É o espazo máis significativo da biblioteca.

Iniciáronse na dinámica dos préstamos. 

Escolleron o libro que ían ler na casa co seu carné da biblioteca.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO