Un ano máis, queridos nenos e nenas, quero darvos a benvida á nosa biblioteca!
Agardo con impaciencia o noso reencontro neste lugar tan especial no que cada curso iniciamos unha aventura que nos permite gozar e aprender moito:

A aventura da lectura!



Estou desexando ver os marcaespazos que os nenos e nenas de tres anos están realizando para a súa primeira visita á biblioteca. 
Os nenos e nenas de 1º que agora son primeiros lectores e os nenos e nenas de 4º que xa son lectores autónomos, tamén andan moi atarefados cos seus.

O noso tren xa está en marcha!

Os nenos e nenas maiores prepararon unha pequena exposición cos seus libros favoritos. Cando a visitedes cos vosos titores, lembrade traer esas obras de arte de cor azul, vermello e verde para a súa estrea.
As Mochilas Viaxeiras pronto chegarán ás vosas casas.

Os préstamos do recreo comezan o mércores, día 1 de outubro. Os axudantes da biblioteca encargaranse de levar á aula os libros que vós, antes de saír ó recreo, escolledes e colocarán na estantería os libros que , despois de ler, devolvedes. 

Os alimentos serán o tema do noso proxecto. 

Seremos expertos "gourmets" para:
  • Comer, comer para crecer.
  • Comer bos alimentos , sexa cal sexa a estación.
Seremos investigadores curiosos para:
  • Respostar a moitas preguntas sobre os alimentos.
  • Descubrir aspectos novos sobre eles.
  • Convertermos en "chefs" moi saudables
  • Viaxar a outros países na procura de alimentos diferentes.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO