O barco dos libros e das letras

O noso barco zarpou cos contos de Gianni Rodari  na voz de Inacio Vilariño.
Para a nosa travesía non esquecimos os nosos libros favoritos, nin os marcapáxinas que preparamos para a nosa singradura.

Nas velas pintamos dragóns, cabaleiros e princesas para así contarlles lendas aos nosos grumetes.
Sucamos mares como o mar Vermello e océanos como o Indico, o Pacífico... atravesamos o canal de Suez e o canal de Panamá, levando como capitán ao avó de Nerea.
 
Prendímonos co galego e atracamos en Bueu onde compartimos palabras e música con outros barcos que se achegaron, coma nós, a este porto.
Fomos á procura da Illa do Tesouro nun MAR-atón de lectura onde nenos e nenas, pais e profes  viviron no noso barco, momentos de pausa e emoción. 
 
 
Subiu a bordo, para celebrar con nós a semana das Letras, Daniel Costas. Este poeta de Moaña confesounos que para escribir poemas el pensa en historias: crea contos que, despois de escribilos, chegan a convertirse en poemas.  
Con el visitamos á illa do Capitán Calabrote, escoitamos un divertido poema de Rosalía na súa rotunda voz e conquistounos a todos e todas co seu poema "Sabela". 

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO