Descubre o tesouro da poesía

No mural que este curso preside a biblioteca, seguro que xa descubríchedes o cofre onde temos os nosos máis preciados tesouros.
Alí, está gardada a Poesía; un tesouro que debemos conservar, un valor sen prezo, unha fonte de gozo e de coñecemento.

Para homenaxeala, en Abelendo celebramos o Día Mundial da Poesía cun recital no que participaron todos os nenos e nenas do cole.
Seleccionamos poesías nas que os  barcos foron  protagonistas.
Autores como Carlos Reviejo, Antonio García Teijeiro, Xosé Mª Álvarez Blázquez, Manuel María, Ana Mª Fernández, Rafa Vilar e  Manuel Antonio axudáronnos na nosa escolla.

Volvemos ler libros como "Na fogueira dos versos", "Roseira do teu mencer", "Sonos na gaiola", "Unha chea de aloumiños", "Ondas de verde e azul", "Patente de corso" para atopar as poesías que tan entusiasmados recitamos para celebrar tan sinalado día.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

8M NA BIBLIO

CÓMO CONSEGUIR QUE AS NENAS ESTUDIEN CIENCIAS?