Damos a lata pola Paz

O pasado 30 de xaneiro, celebramos un espectacular Día da Paz.
Todos os nenos e nenas do cole saímos á pista, dende as aulas, tocando moi forte unhas divertidas e decoradas latas para "Dar a lata pola Paz". 
Na pista, ademais de seguir dándolle á lata , cantamos todos xuntos a canción que tanto ensaiaramos. 
Como a chuvia amenazaba , seguimos cantando e dando á lata pola Paz, na aula de música. 
Todo un éxito! 
Na entrada do cole, nun mural moi grande, deixamos os nosos pensamentos positivos pola Paz e as nosas latas que decoráramos con moita creatividade e colorido. 
Esta actividade organizámola grazas a xenerosidade de compañeiras que mostran nos blogues das BE moitas das súas ideas para que poidan ser compartidas. 

Aquí vos deixamos unha mostra en imaxes de como foi o día.




Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO