Os nosos contacontos favoritos

Dende hai varios anos vimos organizando na biblioteca  esta actividade, coa motivación e entusiasmo de todo o alumnado. 
Consiste básicamente en que os nenos e nenas, despois de escoller un conto que  preparan  na casa coa axuda dos seus pais, o contan  aos seus compañeiros na biblioteca.

Comenzou en E.Infantil e paulatinamente foron incorporándose os distintos ciclos de E.Primaria. Actualmente todos os nenos e nenas do centro son contacontos.

Ás veces son os nenos e nenas dun curso os que fan de contacontos para os seus compañeiro, outras,  o alumnado dos cursos superiores son os que contan para os cursos máis novos.

 Ás veces, son as diversas celebracións do cole , como este ano foi o Samain, as que nos proporcionan o motivo para preparar unha sesión de “Contacontos”, como a protagonizada o pasado novembro, por 4º e 6º curso que dramatizaron dous contos de medo para E.Infantil.
Ás veces, os contos chegan con relatos creados por eles, axudandose para a súa posta en escea do Kamisibai. Recordemos “A lenda da nena morta”.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

8M NA BIBLIO

CÓMO CONSEGUIR QUE AS NENAS ESTUDIEN CIENCIAS?