Inquietante e delicioso Samaín

Esta é unha mostra das inquietantes receitas que chegaron ao cole o pasado 30 de outubro para celebrar o Samain. 


 Foron preparadas co mimo e entusiasmo co que sempre nos sorprenden as familias en Abelendo.

 Estas monstruosidades son parte da actividade proposta por Dinamización Lingüística que consistiu en elaborar en familia, conxuntamente cos nenos e nenas, unha receita de "temática monstruosa" para que  logo, nas clases   poideran contar como foi ese proceso de elaboración, aos compañeiros e compañeiras.



Foi todo un éxito. 
Como tamén o foi a mostra na que  moitos "dedos de meigas" intentaron facer desaparecer os "horripilantes platillos" que alí había para delicia de todos nós.

Non o conseguiron. Foron os nenos e nenas quenes deron conta deles nunha merenda sen fin

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO