Abril, contos mil

Un estimulante comenzo do mes de abril. "O Carballo con Botas" e os seus amigos estiveron en Abelendo.
Esta árbore tan especial da que xa sabemos que o seu froito é a landra, aprendeunos a cociñar a música dos bosques , a música dos contos  para así poder alimentar as nosas emocións e a nosa imaxinación.
Trouxo con el aos seus amigos: o trasno Graciano Zoqueiro que coñeceu en Abelendo a unha fada singular, a Peixeiro Martiño, ó que lle preguntamos polas árbores de Broullón, a Caramulo, o xinete das árbores con quen cantamos unha canción que dícía así:
 Caramulo, Caramulo
que cabaliño maís chulo.
Corre, corre polo bosque
salta, salta polo río.
 Os nenos e as nenas convencerán a un monstro que anda queimando os bosques para que plante árbores e van axudar a Coureliña, a lobiña do Courel a loitar contra o home do saco de lixo que anda estragando os nosos bosques. 
Comprometéronse a Plantarse para non permitir que desapareza ningún bosque para seguir alimentándose coa música dos contos e das árbores.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO