Interesante historia na biblioteca

O outro día estivemos no espazo máis bonito e acolledor da biblioteca; o noso espazo.
Descubrimos a Frederik, na estantería dos contos que teñen aos animais como protagonistas.
Sorprendémonos con OH!, que estaba cos libros de imaxes. Fíxonos pensar en que non todo é o que parece. E como non, "Os tres porquiños" que estaban cos contos clásicos, déronnos moito de que falar. Tamén vimos, nas estanterías dos contos, un tigre tomando té.

Recordamos como chegou Dino á biblioteca escoitando, moi atentos, a poesía donde se conta a súa historia.
Estreamos as mesas novas debuxando aos "Chivos, Chivóns" que estaban na estantería máis alta de todas; a dos contos de animais protagonistas.

Estamos desexando que chegue a próxima visita para usar os marcaespazos que fixemos cando tiñamos tres anos coa profe Elena e poder contarvos moitas historias máis.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO