O banquete do mundo

Para celebrar o Día da Paz fixemos unha actividade chamada "O Banquete do mundo".
Imos explicar como foi : 
Con anterioridade, os profes asignaronnos, a cada curso, uns países que podían ser desenvolvidos ou subdesenvolvidos . Repartíronnos  tamén, as súas bandeiras que ían ser a nosa identificación para  participar da merenda preparada. 
 Cando chegou o día 30 de xaneiro baixamos ao ximnasio e atopámonos con cinco mesas cubertas cuns manteis; tres para os países subdesenvolvidos e dúas para os países desenvolvidos.

 Foi toda unha sorpresa cando destaparon as mesas!
Nunhas só había auga, que había que beber directamente da botella, galletas e manises; nas outras patatillas, gusanitos, chocolate, oreos, gomis, fanta, kas e  un montón de cousas máis.
Os nenos e nenas que estaban no grupo dos países ricos, como eran poucos e tiñan moita comida, estaban moi contentos. O outro grupo, que eran moitos, queixábanse e dicían que era moi inxusto.
Para animarnos o profe explicounos que algúns países desenvolvidos comparten as súas riquezas cos desenvolvidos pero comparten só, un mínimo do que teñen.
A continuación, apareceron os profes facendo de ONG e levaron comida aos países sbdesenvolvidos.
O banquete rematou compatindo entre todos e todas a comida, facendo no cole unha gran merendola.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO