A literatura infantil na RAG

"A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas). Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representad@s por esta muller que entre outros conta co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!" (Publicado por Rede lectura)

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO