As bases da banda

Para celebrar o mes das  Bibliotecas Escolares chegou a Abelendo dende a Consellería de Cultura a exposición "As bases da banda".
Esta é unha das razóns que nos levou a traer ás nosa biblioteca dita exposición que estará con nós ata comezos de decembro.
 A segunda foi que o proxecto documental que desenvolveremos este curso no colexio vai sobre a banda deseñada. Pretendemos que  sexa o pulo motivador para as distintas investigacións que se levarán a cabo dende todos os ciclos educativos. 
 Esta exposición realizada pola Asociación Cultural BD Banda e difundida pola Consellería de Cultura, consta de dez paneis que xa colocamos na biblioteca. 
Será completada cunha selección de bedés pertencentes aos fondos da biblioteca  e outros de nova adquisición.
Con esta interesante mostra sobre esta forma de comunicación que é considerada a novena arte estaremos en disposición de coñecer os seus elementos técnicos e narrativos dun xeito diferente; así como a comprensión e a análise do texto gráfico.
Achegarémonos a longa historia da banda deseñada. 
Leremos bedés tan representativas como Little Nemo, Calvin Hobbes, Obélix e compañía, Dragón Ball, O sulfato atómico, A tetería do oso malaio, A sangue e lume! ..  Tentaremos facer as nosas bedés ....

Realizaremos  actividades nas que a dramatización, os traballos manuais, a capacidade de análise e, sobre todo, a cooperación e o traballo en equipo, supoñan un xeito diferente de comprender este medio.
 A intención desta exposición, como din os seus creadores, é favorecer que o alumnado explore o seu contorno, en contacto con obras e fontes reais e constrúa así, o seu coñecemento.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO