Benvida ao cole!

Queridos nenos e nenas:
Son o voso amigo Dino.
Agardo con impaciencia o noso reencontro na biblioteca para iniciar as actividades neste curso 2012- 2013.
Teño moitas ganas de vervos por aquí, escollendo os libros que levaredes para ler nas vosas casas e nas vosas aulas. 
Ler é toda unha aventura que nos permitirá aprender e disfrutar moito xuntos. 
Contáronme que os nenos e nenas de 3 anos e de 1º curso están preparando os seus marcaespazos para a súa visita á biblio.
 - Nenos e nenas de 2º curso e do 2º e 3º ciclo !
Lembrade que os préstamos no recreo comezan o luns, día un de outubro. Os equipos de axudantes da biblioteca xa están preparados.
As mochilas Viaxeiras , pronto estarán en marcha!
Este curso espéranvos moitas sorpresas!
A biblioteca encherase de personaxes moi entrañables e coñecidos por todos nós; personaxes chegados de todos os lugares do mundo a través da Banda Deseñada.
Antes de despedirme quixera pedirvos un favor, animarvos a que fixerades un debuxo, un debuxo especial que titularemos "A Nosa Biblioteca ". Animádesvos?
 Grazas pola vosa colaboración.
 Ata vernos!
Dino 

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPERIMENTOS CON AUGA

LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR

8M NA BIBLIO