
Esta semana realizamos na nosa biblioteca unha actividade de coñecemento a cerca do salvamento e protección que leva a cabo o servicio de gardacostas de Galicia.

Un rescatador, José Durán, explicounos en que consiste o seu traballo e do seus compañeiros de equipo, no servicio de salvamento. Amosounos diferentes instrumentos e utensilios cos que se conta en terra e no aire para protexer e axudar a poboación: fotografías, unha padiola, cartas náuticas, traxe de rescate, dispositivos de visión nocturna, etc. que resultaron moi motivadores para todos nós.

Unha visita de marcado carácter didáctico e humanitario que o alumnado disfrutou.
Comentarios