Nós, celebramos este día tan significativo, proclamado pola UNESCO, cun recital de poesía, na biblioteca, no que participaron todos os cursos; dende 3 anos ata 6º curso de E.Primaria.
Recitamos poemas de Ana Mª Fernández, de Rosalía de Castro.Recitamos a Bernardino Graña, a Antonio García Teijeiro.
Manuel María, Anisia Miranda, Xoan Neira e Celso Emilio Ferreiro tamén estiveron connosco, neste día tan sinalado.
Ao longo deste último e cortiño trimestre cada aula realizou diferentes experimentos con auga , para rematar así o noso proxecto deste ano "EnMarañados". 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL Traballaron sobre a presión da auga con este experimento, onde probaron a poñer un vaso boca abaixo con auga tapado cun papel. Coa presión atmosférica e o peso da auga non cae nin unha gota! Para traballar sobre a tensión superficial botaron auga e pementa moída nun prato. Despois un pouquiño de xabón no dedo e... a pementa fuxe! Isto ocorre porque as moléculas da auga rómpense polo xabón e a pementa non ten onde sosterse e móvese para os lados. E, por último, tamén fixeron un experimento sobre a refracción . Tratáse de poñer unha moeda debaixo dun vaso con auga. A moeda pode verse se a observas dende encima do vaso, pero se observas de lado, a moeda desaparece porque a luz desvíase ao ter o obstáculo da auga e o cristal polo medio. 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL En 6º de educación infantil tinguimos car...
Na sociedade na que vivimos foise conseguindo numerosos avances e dereitos para as mulleres. Sen embargo, seguése precisando que as nenas conten con referentes femininos na súa vida cotía, para favorecer o empoderamento e ataxar os estereotipos de xénero. Aínda seguen estando visibles moitos estereotipos asociados aos oficios, considerando que hai oficios de "homes" e oficios de "mulleres". Por iso hai un maior porcentaxe de mulleres que estudan as ramas de letras que as de ciencias. A nosa labor como educadores, tanto familias como profesorado, é a de visibilizar a mulleres científicas para que vexan que elas TAMÉN PODEN . Alba Alonso , mestra e doutora pola Universidade de Vigo, móstranos a través do seu blog Real Kiddys cómo a figura feminina de Scully en " Expediente X " empoderou a multitude de mulleres para estudar carreiras científicas en anos posteriores. Por iso é importante que as nenas, dende xa ben pequenas, conten con figuras femininas que...
Para continuar co noso proxecto dos mares e océanos, durante todo o segundo trimestre os nenos e nenas do colexio estiveron investigando sobre lendas, historias e seres mitolóxicos do mar. A CLASE DE 4 ANOS adentrouse no mundo da Atlántida grazas a obra de Xulio Verne: 20.000 leguas de viaxe submarino. A CLASE DE 5 ANOS fixo un pequeno teatro de títeres sobre 20.000 leguas de viaxe submarino. Tamén xogaron a atopar, a través de pistas, o tesouro que deixou o Capitán Nemo en Rande. A CLASE DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA fixo un impresionante traballo de investigación sobre os naufraxios na Ría de Vigo, facendo entrevistas aos seus avós e avoas. Tamén localizou no mapa da Ría de Vigo estes naufraxios. Merece a pena ver os vídeos! Os nenos e nenas de 2º/3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA elaboraron uns contos dixitais sobre animais mariños inventados. Con audios incluidos para que poidades escoitalos coas súas propias voces! A QUENLLA COITELO UNHA ESPONXA ANIMAIS MARIÑOS...
Comentarios